Xa hai gañadores da 9ª edición do Concurso de micro-relatos OZOCOgz

Xa temos relatos gañador e finalista da 9ª edición do Concurso de micro-relatos OZOCOgz.

Unha vez lidos, entregada a puntuación e feita a media correspondente da totalidade dos micro-relatos presentados a concurso polos/as membros do xurado e actuando como fedatario Eladino Cabanelas, en representación de OZOCOgz, resultaron gañador e finalista os seguintes relatos:

AVANTAR ACTIVIDADES

1º premio para o micro-relato FILMANDO O TEMPO, presentado co seudónimo Andreia, baixo o que se agochaba o nome Catarina Cortizas Leira.

Finalista o micro-relato VIDA, presentado co seudónimo Mar Renteiro, baixo o que se agochaba o nome de Lito Vila Baleato.Parabéns ás gañadoras!!!!!


NOTA: Pódense ler todos micro-relatos participantes aquí: https://ozocogz-atenda.com/i/micro-relatos-1