Gómez Reino: “Galicia é o lugar idóneo para asentar a Casa da Lusofonía”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O deputado Antón Gómez Reino mantivo este martes unha xuntanza telemática coa Asociación Impulsora da Casa da Lusofonía, para avanzar na proposta da creación dunha Casa da Lusofonía en Ourense.
 
Que a lusofonía formase parte da figura de “Rede de Casas” establecidas polo Ministerio de Asuntos Exteriores suporía un instrumento moi positivo para reforzar os vínculos lingüísticos galego-portugués co resto do planeta, pero especialmente, co Estado español, ampliando os nexos con diferentes ámbitos culturais.
 
“O multilingüismo é unha fonte de riqueza para a poboación e a lusofonía é un ámbito de gran importancia xeopolítica e especialmente estratéxica para o noso país”, sostivo Gómez Reino durante a xuntanza.
 
Galicia en Común xa presentara dúas iniciativas na XII lexislatura ao respecto da creación da Casa da Lusofonía en Galicia. Hoxe, un día despois das letras galegas, Gómez Reino lembrou que a lingua galega é “unha lingua internacional que debería promocionarse como tal, para consolidar e protexer as conexións dunha comunidade de millóns de persoas por todo o mundo”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO