O Bng demanda explicacións na deputación de Ourense polo demoledor informe do consello de contas

Bernardo Varela sinala que a Deputación de Ourense é campiona da transparencia cando é auditada por un organismo privado porén queda en evidencia cando é auditada por un organismo público como o Consello de Contas 

Bernardo Varela, voceiro do grupo provincial do BNG na Deputación de Ourense,  durante o transcurso da comisión de transparencia da Deputación provincial  sinalou  as duras críticas que o informe do Consello de Contas fai do ente provincial e demandou explicacións. 

Este informe reflexa unha visión externa  desta Deputación, indicou Varela, cunhas afirmacións tremendamente rotundas, que non por iso son novidosas. Pois cando sexan auditadas as contas de 2019 e as de 2020 seguramente serán igual de rotundas. “A Deputación de Ourense  é campiona da transparencia cando é auditada por un organismo privado, porén queda en evidencia cando é auditada por un organismo público como o Consello de Contas.”

PUBLICIDADE ELECTORAL