O Concello do Carballiño recupera o horario de atención ao público anterior á crise sanitaria

Finalizado o estado de alarma, o Concello do Carballiño decidiu recuperar o horario de atención ao público. Será a partires do luns 24 de maio, cando a atención aos cidadáns pase a ser dende as 08:30 ata as 14:30 horas de luns a venres. Dende o Concello do Carballiño salientan que van manter o servizo de cita previa para evitar masificacións e manter a seguridade de usuari@s e traballadores/as.

Asemade, a Biblioteca Municipal do Carballiño tamén mudará o horario da sala de estudo que,  dende este luns, será de 9 a 13h e de 17 a 20h. Dende a concellería de Cultura salientan que tamén este servizo se manterá co sistema de cita previa para controlar o aforo e a identidade d@s usuari@s no caso de que se produzan situacións de risco sanitario.

AVANTAR ACTIVIDADES