Carta Aberta de AMICA sobre a violencia machista

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Si hoxe saíramos a calle e preguntáramos a xente que é o que debe facer unha persoa que acaba de sufrir algún tipo de abuso, violación, ou, o que é o mesmo, que foi vítima de algún tipo de violencia machista, aínda que a moitos e moitas aínda lles chirríe este último término para ese tipo de comportamentos, estamos seguras de que calquera, polo menos calquera con un mínimo de sensatez, nos respostaría de maneira contundente, que se debe de poñer unha denuncia, que é necesario acabar con ese tipo de comportamertos na sociedade, e probablemente incluso oíramos algo do tipo “has cousas cambiaron moito nos últimos anos e as vítimas están moi protexidas”.

Dirixiríase polo tanto esa persoa; a que me referirei en femenino a partir de agora, xa que son as mulleres as afectadas principalmente por este tipo de violencia; a poñer unha denuncia sentíndose amparada pola sociedade, polas institucións e sentindo que esta a facer o correcto por ela misma e polas que poden vir. Pero que é o que ocorrería dende o momento en que se realiza esa denuncia ou se fai pública a situación? Tense en conta realmente a carga psicolóxica que sufre a vítima a hora de xuzgala? Temola en conta siquera as persoas que acabamos sendo coñecedoras do caso?

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Estaría ben facer de vez en cando un exercicio persoal e pararnos a pensar cantas veces temos opinado sobre ese tipo de casos e se nos pasaron pola mente certas cousas, como a idade, a roupa, o estado civil, se a afectada bebera ou estaba de festa, o tipo de relacións que tivera a persoa ou calquera dato da vida persoal, e dicir, si de algunha maneira inconscientemente a nosa mente tratou de xustificar ese tipo de violencia. Cantas veces temos oído o coñecerse algún caso opinións poñendo en duda a vítima? Argumentando calquera desos casos ou algún tipo de beneficio económico ou venganza? Realmente somos conscientes o decir algo así do calvario que pode pasar unha persoa cando se somete a xustiza por algo de ese tipo? A xustiza como tal e sobre todo o xuízo social que se lle fai pasar, chegando a analizar en moitos casos, algúns de eles de sobra coñecidos, si a persoa sale, si se saca fotos, si foi a cear con amigos, si a viron sorrindo nunha terraza, e un milleiro de etcéteras. Parece que para que se lle tome en serio ou ten que estar todo o día chorando na casa,  estar morta nunha cuneta, sin roupa e chea de golpes  ou ten que haber un testigo, o que ademais consideremos creíble, pero claro, parémonos a pensar si o facer cousas que sabemos que non están ben, esperamos a ter público ou as facemos sin ninguén diante…

Todo ise proceso que sufre unha vítima que denuncia ten un nome, chámase revitimización, vitimización segunda ou doble vitimización, e pódese producir de maneira actualmente recoñecida, tanto por todo tipo de institucións, como podería ser o sistema legal dun país, policía, sanitarios… como polos ámbitos, familiares, de coñecidos, redes sociais, medios de comunicación… Ademáis dese xuízo social, do que falei antes, na que se analizan todo tipo de movementos, e se comezan a escoitar o redor dos coñecidos da vítima todo tipo de comentarios, tamén ocorre que se lle fai a vítima revivir constantemente os feitos, facéndoa pasar por un proceso doloroso que non lle deixa avanzar na súa recuperación psicolóxica. Ádemais en moitos casos espérase que o suxeto revitimizado teña unha argumentación lineal e fixa, na que en ningún momento dubide, o que sería máis propio dunha frialdade propia dunha mentira ben construída. É necesario que dende a xustiza se faga algo por minimizar a duración dos procesos xudiciais para reducir o máximo o sufrimento da vítima.

Como conclusión creo que todos nos deberíamos de plantexar que cando alguén realice unha denuncia de ese tipo no noso entorno, deberíamos ser moi cautos, e non contribuír a empeorar a situación da persoa afectada. Porque é moi sinxelo atacar a unha persoa nun momento de debilidade, crear un xuízo social no que a aislamos e lle é imposible defenderse. Deberíamos entender xa dunha vez, con todo o que estamos a ver e todos os casos coñecidos que unha persoa non quere pasar por ese proceso por gusto, que a ninguén lle gusta ser xuzgado, nin porse diante dun montón de xente a revivir que fuches víctima dun abuso ou violación.  Estaría ben poñernos na pel desas mulleres, porque pensamos moitas veces que ise proceso consiste en poñer unha denuncia, ir a un xuizo e xa está, e si nos pararamos a informarnos un pouco saberíamos que esa xente ten que pasar por médicos, psicólogos, xuízos, enfrontarse o seu abusador ou violador, enfrontarse a sociedade, as miradas, as opinións, a que calquera paso a faga perder credibilidade, a que incluso as súas exparexas poidan aproveitar a situación para desacreditala, que xente que nun principio a apoya acabe deixándoa de lado para evitarse o que dirán….

Persoalmente espero non estar nunca nesa situación e creo que ninguén o querería para si mesmo, nin para ninguén que coñeza, polo tanto estaría ben que cando coñezamos un caso intemos poñernos no lugar da vítima, entender o seu sufrimento e o proceso psicolóxico que está a sufrir e si estamos nun lugar cercano tratemos de crear espazos nos que se sinta segura. E si non vamos a contribuír con esos comportamentos, e mellor que nos apartemos e nos teñamos a boca pechada. Como se dí agora moito, ou aportas ou apartas. Pensemos que quizáis temos alguén o lado, que si nos escoita dubidar dun testimonio o día de mañá no canto de sentirse con forza para contar algunha experiencia acabe calando por medo o escarmio público o que nunca xamais deberiamos someter a unha vítima..