Galicia e Ourense reducen os casos activos e a presión hospitalaria

A comunidade galega rexistra hoxe 157 contaxios novos. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 2.675, unha rebaixa de preto dun centenar casos activos.  Do total de pacientes positivos en Galicia, 30 (-2) están en UCI, 116 (-8) en unidades de hospitalización.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada presenta unha variación positiva. A cifra de casos activos baixa unha xornada mais ata os 210 (-11) casos totais. Nos hospitais hoxe mantense a presión ocupacional. Contamos con 8 (-2) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 3 (=) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES