Nota da Cig: “A Fiscalía interpón denuncia contra o empresario responsable e a encargada da franquía de McDonald´s en Ourense”

A Fiscalía da Audiencia Provincial ven de decretar, a raíz da denuncia presentada pola CIG, a interposición dunha denuncia ante o Xulgado Decano de Ourense, por delictos contra os dereitos dos traballadores, coaccións e contra a integridade moral, imputados ao empresario que ostenta a franquía de McDonald´s en Ourense, Esteban Jesús Cuesta Martín, e a encargada xeral, e man dereita súa, Sandra Alvarín López.
Estamos ante un salto cualitativo nun procedemento que deriva das denuncias que desde a CIG temos feito contra esta franquiado desde 2018, por atentados contra a liberdade sindical e a dignidade das persoas traballadoras.