O colexio rural agrupado de Francelos, Ribadavia, volve á actividade logo dunhas actuacións de peche das fosas sépticas

Un problema grave causado por un fallo estrutural obrigou ó peche momentáneo do Colexio Rural Agrupado de Francelos. Tivo que realizarse o peche das fosas sépticas incluídas no edificio. Dende o concello amosaron o compromiso de revisar todas as instalacións dos Colexios CRA.

Os nenos puideron volver ás aulas grazas ó traballo extra nestes días festivos. Con esta obra conséguese conectar por primeira vez a Escola de Francelos á Rede de Saneamento Municipal, pechando a fosa séptica cuxa saturación provocou a avaría. Nos vindeiros días irase mellorando o entorno exterior para conseguir ter un patio o mellor posible.

AVANTAR ACTIVIDADES