Esta mañá, na presentación do Xeodestino Celanova – Serra do Xurés na Feira Internacional de Turismo de Madrid
- Gabriel Alén adiantou que as accións que contemplará o convenio coa Axencia de Turismo de Galicia para este ano 2021, tralo consenso dos alcaldes na reunión do pasado 8 de abril en Celanova vai por bo camiño
- O delegado territorial sinalou que “grazas a esta aplicación poderase incrementar a notoriedade do xeodestino e captar o interese de novos visitantes; apoiar a reactivación do sector turístico local e mellorar a súa formación e a colaboración con novas empresas que aposten poñelo territorio”
- Gabriel Alén lembrou que a paisaxe nesta comarca ten connotacións significativas, polo que convértese nun patrimonio natural e cultural que contribúe a forxar a propia identidade dun pobo
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, felicitou aos responsables do ‘Xeodestino Celanova – Serra do Xurés’ por poñer en marcha o geocaching, que permite, grazas ás novas tecnoloxías, ser cómplices e observadores da súa riqueza turística en primeira persoa.
Así o fixo o delegado territorial esta mañá na presentación desta entidade turística na Feira Internacional de Turismo en Madrid, onde subliñou que a Xunta leva tempo colaborando con este tipo de iniciativas asinando convenios de colaboración cos distintos xeodestinos da provincia, e adiantou que “as accións que contemplará o convenio coa Axencia de Turismo de Galicia para este ano 2021, tralo consenso dos alcaldes na reunión do pasado 8 de abril en Celanova vai por bo camiño”.
Gabriel Alén explicou que o ‘GeoTour Celanova-Xurés’ consente facer cada unha das rutas mediante a utilización da app oficial Geocaching que posibilita descubrir tesouros a través de pistas ofrece a propia aplicación. O GeoTour creado é un paquete personalizado que conduce aos xogadores, listos para viaxar ao xeodestino que se converte nun obxectivo gozado polos visitantes.
O delegado territorial sinalou que “grazas a esta aplicación poderase incrementar a notoriedade do xeodestino e captar o interese de novos visitantes; apoiar a reactivación do sector turístico local e mellorar a súa formación e colaboración con novas empresas que aposten poñelo territorio, aproveitando –continuou o delegado- produtos turísticos noutros proxectos vinculados ao territorio para xerar experiencias incorporando ás empresas locais; e crear as bases para un maior contacto e avance da xestión turística”.
Para rematar, Gabriel Alén, non quixo louvar o valor da paisaxe, que nesta comarca ten connotacións significativas, e lembrou que “si existe un patrimonio para o que é necesario non confundir valor e prezo, ese é a paisaxe”. A paisaxe sentenciou Gabriel Alén, “convértese nun patrimonio natural e cultural que contribúe a forxar a propia identidade dun pobo, e desempeña un papel importante de interese xeral nos campos cultural, ecolóxico, medioambiental e social, ademais de constituír un recurso que propicia a actividade económica e a creación de emprego”.