O delegado territorial da Xunta en Ourense Gabriel Alén enxalza o potencial turístico da ‘Vía da Prata’

  • Gabriel Alén sinalou que “a Vía da Prata conta cun enorme potencial de crecemento, que se viu acelerado a chegada do Xacobeo 21, pois é un dos máis importantes itinerarios xacobeos”
  • Dende o Goberno galego “pensamos que o Camiño é un gran axente dinamizador das zonas rurais, e que tamén vincularse ao Camiño supón asociarse cunha marca recoñecida internacionalmente e relacionada con valores universais”
  • O delegado territorial lembrou que a que a Xunta dispuxo 85,6 millóns de euros nos orzamentos deste ano que se destinarán á programación de actividades, a seguridade, a promoción, ou o avance de infraestruturas e paisaxes no Camiño de Santiago

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá na presentación “Vía de la Plata, el Camino en Ourense por paisajes experienciales”, que se desenvolveu esta mañá en Madrid, dentro do actos de promoción de Galicia en Fitur.

Na súa intervención, Gabriel Alén sinalou que “a Vía da Prata conta cun enorme potencial de crecemento, que se está acelerando dende a chegada do Xacobeo 21, pois é un dos máis importantes itinerarios xacobeos”, e significou que “desde a Xunta de Galicia estamos convencidos de que conta con infinitas posibilidades polas paisaxes e o patrimonio que atesoura, atravesando catro cidades declaradas Patrimonio da Humanidade”.

AVANTAR ACTIVIDADES

Dende o Goberno galego, engadiu o delegado territorial,  “pensamos que o Camiño é un gran axente dinamizador das zonas rurais, e que tamén vincularse ao Camiño supón asociarse cunha marca recoñecida internacionalmente e relacionada con valores universais”. No caso da Vía da Prata, hai que destacar que é unha ruta que vertebra España desde a época romana e o seu impulso podería contribuír á desestacionalización do Camiño e, polo tanto, do turismo en todas as comunidades polas que pasa este trazado

Gabriel Alén lembrou que a Xunta dispuxo 85,6 millóns de euros nos orzamentos deste ano que se destinarán á programación de actividades, a seguridade, a promoción, ou o avance de infraestruturas e paisaxes no Camiño de Santiago.

O delegado territorial sentenciou que “o Xacobeo debe ser un motor que estimule a recuperación económica de Galicia. Trátase dunha marca que nos sitúa en todo o mundo, que pode axudar a mellorar a nosa imaxe exterior e fomenta valores tan necesarios como o traballo en equipo, a concordia, a solidariedade, o esforzo, o contacto coa natureza ou a sustentabilidade”.

“Galicia estará perfectamente preparada cando a xente volva viaxar -continuou Gabriel Alén-  e o noso desafío é seguir reforzando a imaxe de que Galicia é un destino seguro; de aí que puxéramos a en marcha do seguro coronavirus, que ten como obxectivo é que os viaxeiros que se acheguen á comunidade síntanse seguros coa cobertura dos seus gastos sanitarios, de aloxamento ou transporte ante un posible contaxio”.

Por último, Gabriel Alén saudou aos participantes e relatores, desexándolles unha xornada proveitosa, e concluíu, “agardo, que tras iniciativas como as que hoxe estamos a desenvolver aquí en Fitur, o Xacobeo 21-22  acaden un recoñecemento se cabe maior, e agardo atopalos a todos no Camiño cara a Santiago de Compostela”.