Un roteiro cultural, teatro infantil e fotografía marcan esta fin de semana

Este sábado, día 22 pola mañá, o Centro de Estudos Chamoso Lamas en colaboración ca concellería de Cultura do Carballiño, realizarán un percorrido guiado polos lugares de Emilia Pardo Bazán no Carballiño, Banga e Cabanelas.

Debido ás medidas restritivas pola covid, as prazas son limitadas e logo de abrir un prazo de inscrición, están xa todas cubertas. A organización do evento informa de que se poden facer novas reservas para repetir a andaina noutra data.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ademais, para os máis pequenos, o domingo a praza da Veracruz acollerá dende as 11:00 horas dunha actuación de teatro familiar e infantil. Será a cargo de Peter Punk, ca súa actuación  “Novo espectáculo viral”.

Este domingo terá lugar o evento “Pon unha foto na rúa”, un clásico do Carballiño organizado pola asociación fotográfica O’Potiños. Cun estudio improvisado na rúa adoitan tomarse entre 250 e 300 fotografías que logo son regaladas ós seus protagonistas. Este ano ten a novidade dos retratos con máscara, personalizada co logo de Potiños, para recordar a pandemia.