Manuel Baltar rexeita o “efecto bálsamo” que o Goberno pretende darlle ao reto demográfico

“Nestes tempos onde o consenso debe presidir as decisións políticas atopámonos con que Sánchez opta pola uniteralidad e o rumbo para presentar un denominado “Plan de Recuperación” que exclúe e marxina a municipios e provincias”, afirma

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, na súa condición de membro da Xunta de Goberno da FEMP, rexeita o “efecto bálsamo” que o Goberno pretende darlle a reto demográfico e afirma que nestes tempos “onde o consenso debe presidir as decisións políticas atopámonos con que Sánchez opta pola uniteralidad e o rumbo para presentar un denominado “Plan de Recuperación” que exclúe e marxina a municipios e provincias”, afirma Baltar.

AVANTAR ACTIVIDADES

Considera que o acto de hoxe en Moncloa, no que se presentaron:130 medidas fronte ao Reto Demográfico, “é unha pantomima máis do Executivo de Sánchez, que impulsa sen contar coa opinión de gran parte do ámbito local; un plan que se fixo de costas a municipios e provincias ao non ser sometido a consulta pública nin presentado á Conferencia Sectorial de Reto Demográfico con anterioridade á súa aprobación”.

Baltar considera que o plan “non presenta nin obxectivos nin concreción nas medidas, non di onde se vai a actuar, non establece prazos nin calendario de actuacións, non conta con mecanismos de seguimento, nin se sabe de onde sae o orzamento, sen ter fondos asociados”

“Sempre é a mesma sinfonía inacabada: propaganda, no canto de facer fronte aos verdadeiros problemas dos pobos, como a exclusión financeira, a vivenda, a dixitalización, vías de comunicación, emprego, apoio aos mozos, entre outras cuestións”, sinala Baltar, destacando que “o Goberno de Sánchez humillou aos representantes locais faltando ao respecto institucional ao dalo a coñecer unha vez aprobado, cando se trata dun plan que, en boa medida, compromete actuacións e proxectos que deben acometer tanto as administracións locais como rexionais. É unha mostra máis do abandono ao que Sánchez somete ás entidades locais”.