Moción do Bng de Ribadavia a prol dos murais de arte urbana no embelecemento e a promoción turística do concello

A arte urbana é un dos recursos máis apreciados para rehabilitar vivendas, edificios e espazos públicos urbanos, dotándoas dun novo valor artístico e arquitectónico.

A arte urbana está a transformar moitos espazos arquitectónicos, mesmo aqueles que se atopan en estado de abandono, en espazos agradables, que engaden calidade de vida á veciñanza, actúan coma un atractivo turístico e mesmo revalorizan zonas antes degradadas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Con estes propósitos, entendemos que, tal como fixeron outros concellos do noso país, se poderían embelecer diversos espazos dos edificios e rúas do noso concello con obras murais de arte urbano que lle desen un valor engadido, tanto de atracción turística como de asentamento de poboación.

A promoción desta arte urbana pódese realizar de diversas maneiras: organización dun festival de graffiti e arte urbana, chamado aos artistas locais, realización de propostas de recreación da nosa historia ou do noso amplo patrimonio etnográfico (mostrando as nosas xentes e costumes, as nosas labores vitivinícolas, o noso patrimonio monumental e termal ou a nosa paisaxe).

      Por estes motivos propomos ao  Pleno do Concello de Ribadavia a adopción dos seguintes

ACORDOS:

1. Elaborar un inventario de muros en vivendas, edificios e espazos públicos que poidan ser o marco arquitectónico da arte urbana no noso concello, escollendo prioritariamente aqueles que se atopen máis degradados.

2. No caso de construcións privadas acadar acordos cos seus propietarios para a súa cesión, de cara á elaboración de murais e grafitis. Cada propietario debe comprometerse a non manipular as creacións durante un mínimo de 5 anos.

3. Facer unha convocatoria/concurso na que se presenten diferentes deseños e que se escollan os mellores mediante un xurado. Deberase valorar unha temática relacionada coa arte contemporánea e o noso municipio. Deben quedar prohibidos debuxos de carácter sexista ou que atenten contra a dignidade das persoas. Respectarase en todo caso a normativa urbanística de protección monumental e do casco histórico.

4. Divulgación da arte urbana en Ribadavia como elemento engadido na promoción turística do noso concello e comarca.