Avión, un dos 27 concellos ourensáns que mellora a oferta da súa biblioteca

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta mañá, acompañado do alcalde de Avión, Antonio Montero, a biblioteca do concello de Avión onde lembrou a recente publicación dos 27 concellos da provincia, 189 en Galicia,  beneficiarios das axudas para mellorar as coleccións bibliográficas e dotar de novidades editoriais ás súas bibliotecas.

Gabriel Alén sinalou que esta liña de axudas inclúese no compromiso da Xunta por fomentar a cultura nos entornos rurais e urbanos e apoiar tamén ao sector editorial. Animou tamén a todos os concellos a adherirse a estas axudas e a todos os cativos a desfrutar destes espazos.

AVANTAR ACTIVIDADES

O alcalde de Avión, Antonio Montero, agradeceu esta liña de axudas, ca que tamén fomentaron o comercio local acudindo a el para a adquisición de material e agradeceu o contacto continuo prestado polo delegado da Xunta ós concellos.