A comunidade galega rexistra hoxe 75 contaxios novos. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 2.553, unha rebaixa de case un centenar de persoas. Do total de pacientes positivos en Galicia, 31 (-1) están en UCI, 109 (-3) en unidades de hospitalización.
Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada presenta unha variación positiva. A provincia rexistra hoxe 5 contaxios novos, facendo que a cifra total baixe en 6 persoas con respecto ó venres, ata os 197 casos totais. Nos hospitais hoxe sobe a presión ocupacional. Contamos con 8 (+1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 5 (+2) na UCI.