Marina Ortega do grupo socialista reclama un plan galego contra a pobreza infantil, logo do aumento derivado da pandemia

Marina Ortega pídelle á Xunta que anule as reclamacións de devolución da Risga ás familias con menores a cargo beneficiarias do Ingreso Mínimo Vital

AVANTAR ACTIVIDADES

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, reclamou un Plan Galego contra a Pobreza Infantil, logo do incremento detectado como consecuencia da pandemia. Ortega presentou esta proposta no Pleno do Parlamento que comezou hoxe, pero que será votada mañá mércores.

A responsable socialista reclamou un Plan Integral Específico neste sentido, que impulse recursos para vivenda e o emprego e, tamén, que permita complementar a Risga con outras rendas de inclusión, como xa permite o Ingreso Mínimo Vital. Sinalou que “hoxe máis que nunca os nenos e nenas non son o futuro, senón que teñen que ser o presente e o centro de toda política ou acción na reconstrución de Galicia”.

Ortega pediulle á Xunta que anule as reclamacións de devolución da Risga ás familias con menores a cargo que teñan percibido o Ingreso Mínimo Vital. A responsable socialista considera “totalmente inxusto” que as 2.000 familias que teñen percibido o IMV por parte do Estado, que legalmente permite complementalo coa axuda galega, queden excluídos da axuda galega pola normativa da Risga “sen que a Xunta fixera nada por modificar a Lei de Inclusión Social”.

Cualificou de “inadmisible” que as familias baixo o limiar da pobreza e con menores a cargo teñan que abonarlle á Xunta “2.000, 3.000 e incluso 5.000 euros de axudas” que antes lles foron concedidas simplemente por manter a incompatibilidade co Ingreso Mínimo Vital. Chamou ao goberno galego a “romper esas cartas e sacar da hucha os fondos adicionais que veñen recibindo do Estado –por motivo da covid- e blinden ás familias con menores en risco”.

Ortega lembrou que o goberno galego ten percibido máis de 1.100 millóns de euros extraordinarios dende o Estado para incorporar aos orzamentos autonómicos, e recibiu ademais 234 millóns de euros do goberno de España para axudas directas a autónomos e Pemes. Criticou o “pouco compromiso do goberno galego do PP”, que se traduce na “falla de medidas e de iniciativa para loitar contra a pobreza infantil”.

Sinalou que “non pode ser” que logo de recibir as partidas Galicia estea á cola do gasto de servizos sociais por habitante, segundo sinala o informe de Directores e Xerentes de Servizos Sociais, presentado onte.

Explicou que hoxe en día máis do 7 por cento dos fogares de Galicia subsisten sen ingresos, o desemprego medrou máis en Galicia que en calquera outra Comunidade Autónoma no primeiro trimestre deste ano. Explicou que o IMV “sostén a 13.000 fogares galegos cuns 12.000 menores a cargo”, e emprazou á Xunta a “complemetar estas axudas en lugar de exclulír aos beneficiarios” porque “temos a obriga de protexer, defender e blindar os dereitos” dos menores.

Desafortunadas declaracións

A responsable socialista reclamoulle hoxe á conselleira de Política Social que retire as súas “desafortunadas declaracións” asociando a falla de recursos co aumento de menores tutelados pola Xunta que está a suceder en Galicia. Preguntou se “acaso a política da dereita é permitir que familias perdan a tutela dos seus fillos por motivos económicos”.

Dixo que se trata dunha “asociación perigosa e totalmente errónea, como saben os profesionais especializados en menores, xa que por si só a falla de recursos non é un ítem que determine a perda da tutela dun fillo en ningún caso”. Sinalou que “a administración competente en servizos sociais, que é a Xunta, está precisamente para solventar este tipo de cuestións”.

Sinalou que “é o momento de que o goberno galego lle dea ás políticas sociais a importancia que teñen na reconstrución de Galicia”. Denunciou o “ninguneo” á conselleira de Política Social por parte do presidente da Xunta ao deixala fora, xunto con “outras conselleiras e mulleres relevantes”, da sociedade para a xestión de fondos europeos “tanto por ser muller como por ser a máxima dirixente dun dos piares da reconstrución”, como son as políticas sociais”.

Saúdos, Comunicación PSdeG-PSOE

Discurso fácil e perigoso declas conselleira aspecto tan sensible como asociar retirada de tutela con falla de recursos

Impulsar emprego, investir vivendas sociais, complementar renda inserción, para elo necesario sensibilidade, votnade política e recursos, que hai e moitos. UE e Estado 735M 235 para autónomos e empresas, …

Non pode ser que cheguen estes fondos e teñamos que observar como lidera caída de emprego enm España, deixou sen gfasgtar 2/3 fondos acceso vivenda, á cola gsdgtos SS por habitante

Logo de tantos fondos, Xunta reclama a persoas sen recursos que devolvan meses axuda por manter veto

Por aquí tamén pasou a pandemia, momento de blindar menores e investir de xeito significativo