O Carballiño volve a subir ós once casos activos. O Irixo tamén sobe, ata os catro casos

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 18 contaxios. O Concello do Carballiño ascende hoxe as cifras, subindo un caso activo ata os 11 contaxiados. Este concello leva unha semana subindo, de xeito moi paulatino.

O Irixo sobe un caso activo, para contar con 4 persoas contaxiadas, San Cristovo de Cea mantén dous casos e Boborás mantén un contaxiado. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Os demais concellos, Beariz, Punxín, Piñor, Maside e San Amaro están libres de covid.