A Feira do Viño do Ribeiro inaugura mañá a súa 58ª edición, con formato híbrido

A Feira do Viño do Ribeiro arrancará mañá a 58ª edición marcada polo formato híbrido, adaptándose á situación sanitaria. Deste xeito, haberá actividades presenciais, con aforo limitado e distancias, e unha aplicación móbil a través da que se poderán seguir todos os actos.

Ás 20:30 horas de mañá, a organización da Feira do Viño, formada polo concello e o Consello Regulador, farán o acto inaugural, co pregón a cargo José Ramón Estévez, historiador de Ribadavia. A continuación, rematarase o día cunha clase de coctelería con viño a cargo do carballiñés Willy Gómez, campión de España e subcampión de Europa.