Gabriel Alén visita os parques empresariais de Pontedeva e Celanova onde a Xunta vai investir máis de 232.000 euros en melloras de accesibilidade e saneamento

  • O delegado territorial subliñou que estas inversións amosan o compromiso da Xunta cos gobernos locais no desenvolvemento das súas infraestruturas e co fornecemento do tecido empresarial e industrial de Galicia

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta mañá os parques empresariais de Pontedeva e Celanova aos que a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación destinou máis de 232.000 euros para mellorar as infraestruturas viarias e de saneamento dos polígonos industriais destes dous concellos emprendedores.

O delegado territorial, acompañado polo alcalde en funcións, Juan Carlos González, desprazouse ao polígono de Trado, no concello de Pontedeva, para comprobar o estado das instalacións industriais, onde a Xunta vai investir 96.000 euros na mellora do vial de acceso para dotalo dos servizos necesarios como as reformas do pavimento, da rede de abastecemento e das beirarrúas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Posteriormente  o delegado territorial trasladouse ao polígono industrial do concello de Celanova , onde a Xunta ten previsto financiar a execución de dous proxectos de mellora no parque empresarial por valor de case 137.000 euros. Actuarase na EDAR, coa instalación de novos equipos que permitan optimizar o seu funcionamento; e na mellora de accesibilidade e seguridade vial na que se executará a reparación das beirarrúas e das entradas ás parcelas, así como o acondicionamento do aparcadoiro para persoas con discapacidade

Gabriel Alén subliñou que estes investimentos amosan o compromiso da Xunta cos gobernos locais no desenvolvemento das súas infraestruturas e co fornecemento  do tecido empresarial e industrial de Galicia.

O delegado territorial lembrou que ámbolos dous polígonos industriais recibiron nos últimos anos do Goberno galego máis de 200.000 euros