O Carballiño e Ribadavia serán dúas das 23 sedes das Oposicións de Educación de Galicia

A Oferta Pública de Emprego do Profesorado 2020 celebrarase entre o 19 e o 25 de xuño. É  a máis ampla da historia con 3.894 prazas en 97 especialidades, e prepárase unha nova oferta de 1.604 prazas que terá lugar en 2022, e que eleva a 10.655 o número de prazas convocadas polo Goberno galego nos últimos cinco anos.

Os exames terán lugar, por primeira vez, máis alá das sete cidades galegas. Serán un total de 23 as localidades que as acollen. En Ourense, celebraranse no Carballiño, Ourense, Ribadavia e Vilamarín, con 12 especialidades.

AVANTAR ACTIVIDADES

O protocolo que se busca é seguro, garantindo distancia de seguridade e uso de máscara. O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, explicou hoxe as previsións.