A andaina da Festa do Pan de Cea abre o prazo de inscrición ata o 24 de xuño

IES CHAMOSO LAMAS

A quinta edición da Andaina Solidaria da Festa do Pan de Cea terá lugar o domingo 27 de xuño. A organización anuncia que o prazo de inscrición estará aberto ata o 24 de xuño.

Haberá dous percorridos, un de 10 km, que terá saída ás 10:00 horas da mañá; e outro de 20 km, que sairá ás 09:00 horas da mañá e puntos de avituallamento en ambos. Ó remate haberá pinchos para todos os participantes e sorteo de agasallos.

HIPER MASIDE

A andaina solidaria terá un prezo de 8 euros por persoa, que serán doados a Asociación Ourensá de Esclerose Múltiple.