O concello do Carballiño colaborará co Rallye do Lacón

O (35º) XXXV Rallye Do Lacón conta xa ca colaboración do concello do Carballiño para este ano. Dende a organización do evento amosaron o seu agradecemento polo apoio que está recibindo o seu xa recoñecido proxecto por parte dos concellos da contorna.

A firma do convenio produciuse entre o alcalde, Francisco Fumega, a concelleira de Deportes, Silvia Baranda e o presidente de A.G.E Motorsport, Alfonso García Eiriz.

AVANTAR ACTIVIDADES