Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 16 contaxios. O Concello do Carballiño mantén as cifras nos 10
contaxiados. Este concello leva alternando as cifras nun caso
varios días.
O Irixo mantén 4 persoas contaxiadas, San Cristovo de Cea mantén dous casos e Boborás que tiña un contaxiado, agora está libre de coronavirus. Os demais concellos, Beariz, Punxín, Piñor, Maside e San Amaro están libres de covid.
No Ribeiro, con moi poucos contaxiados, é o concello de Ribadavia, que mais casos rexistra da comarca, que mantén 2 contaxiados. Leiro mantén un caso activo e Cenlle rexistra hoxe un novo caso.
Todos os concellos, tanto do Carballiño como do Ribeiro, están en nivel medio-baixo o que implica unha maior capacidade de servizo da hostalería cun 50% de aforo interior e un 75% en terraza.