O Carballiño baixa ata os nove contaxios e O Irixo mantén catro casos

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 15 contaxios. O Concello do Carballiño baixa dous casos con respecto a onte, ata os 9 contaxiados. Este concello leva alternando as cifras nun caso varios días.

O Irixo mantén 4 persoas contaxiadas e San Cristovo de Cea mantén dous casos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os demais concellos, Beariz, Punxín, Piñor, Maside e San Amaro están libres de covid.

No Ribeiro, con moi poucos contaxiados, hoxe é Cenlle o que mais casos rexistra da comarca, sumando dous casos para contar con tres contaxios. Ribadavia sobe ós 2 contaxiados, un caso máis ca onte. Leiro mantén un caso activo, igual ca Cortegada.

Todos os concellos, tanto do Carballiño como do Ribeiro, están en nivel medio-baixo o que implica unha maior capacidade de servizo da hostalería cun 50% de aforo interior e un 75% en terraza.