Punxín aproba a creación dun novo acceso na Nacional-504

O Pleno ordinario bimensual da Corporación Municipal de Punxin celebrouse a pasada semana. Das tres mocións presentadas por Compromiso por Galicia, entre elas que Punxín fose a sede dunha reunión para relanzar economía nas comarcas Carballiño- Ribeiro, dúas foron rexeitadas. Pola contra, o goberno aprobou crear un novo acceso na Nacional-541.

As dúas mocións do PSOE foron rexeitadas tamén. Unha delas pedía máis horas no Servizo de Axuda no Fogar e outra unha bolsa de emprego. Foi o PSOE tamén quen preguntou polos rumores da posible dimisión do alcalde nos rogos e preguntas, aínda que sen recibir resposta.

AVANTAR ACTIVIDADES