O BNG defende un modelo de enerxía eólica sostible no Carballiño


O BNG continúa coa súa campaña a prol dun modelo de enerxía eólica sostible, xusta e galega. Hoxe estiveron presentando a súa proposta aproveitando a xornada de feira no Carballiño, e contando ca presenza da deputada parlamentaria Noa Presas.  O BNG defende tres medidas para un novo modelo eólico galego, enfocado tamén en manter o marco laboral, moi presente no Carballiño.

AVANTAR ACTIVIDADES

A deputada estivo acompañada pola voceira do BNG no Carballiño, Sofía García, informando á cidadanía. García xa presentou no pleno unha moción a prol dun sistema enerxético galego.