O concello do Carballiño celebra o pleno do mes de maio este venres

A sesión plenaria correspondente ó mes de maio terá lugar este próximo venres, 4 de xuño, trala cancelación da sesión a pasada semana. Entre os temas que se tratarán está o regulamento para o nomeamento de rúas; un regulamento de uso interno da biblioteca municipal; a creación dunha mancomunidade de augas do río Arenteiro xunto co concello de Maside.

Por parte da oposición hai varias mocións para o debate, como ampliar os prazos á xente que ten débedas co concello, o rexeitamento polo pago de peaxes en autovías e a revisión do servizo de correos.

AVANTAR ACTIVIDADES