De xeonllos e pedindo perdón

Manuel Herminio Iglesias


Sempre escoitei que,  cando a xustiza ocupa a parte que lle corresponde á política,  é un indicativo de que os políticos que nos gobernan son moi torpes ou actúan dende posturas estrictamente cerriles e ideolóxicas.

AVANTAR ACTIVIDADES

A  xustiza nas sociedades democráticas está nun plano moi  diferente o dá  política. E, aínda que poida parecer o contrario, a xustiza nunca arranxou os problemas que teñen un trasfondo político.  As  decisións e as leis  nacen na política, e a xustiza  é a que ten que aplicar esas leis  e, no seu caso,  aclarar cuestións referidas  á interpretación das mesmas. O demais non lle corresponde.

Nestes días, debido ó caso dos  indultos ós políticos cataláns, moitos percibimos que, o problema que se iniciou co recorte do estatuto catalán aprobado en referendum  no ano 2006 e a recollida de sinaturas contra el  que o PP levou ó Constitucional,  non fixo máis que quentar  o  forno  dos desencontros axudado pola loita contra o idoma catalán enzurrado  pola dereita estatal. 

Estes erros fixeron medrar ó independentismo que era moi minoritario en Cataluña, pra situarse como unha forza capaz de igualar en  votos ós partidos estatais e que  deixou á dereita nunha exigua minoría  nesa comunidade. Fronte a esa situación os partidos desa  dereita,  debido á pouca sensibilidade política,  foron incapaces de buscar puntos de encontro e de facer propostas  que correxiran  ós erros cometidos e  que fosen atractivas pra  unha importante parte sociedade catalá.

E chegamos ás leis de desconexión e ó simulacro de declaración de independencia. Simulacro que non pasou de ser un fogo de artificio. Logo chegou a xustiza e actuou con un rigor extremo. E os principais dirixentes na cadea dende hai varios anos condeados a penas que  no resto de  Europa son  inasumibles.

Máis o tempo pasa e a pregunta é a seguinte: con todo o que choveu, decaeu en apoio o independentismo? Polo que vemos non. Pois ben, agora que un goberno quere tender pontes e falar de dialogo pra presentar propostas que desarmen ó secesionismo,  a dereita furibunda e tamén dirixentes do PSOE, saltan  opóndose  a unha medida parcial de gracia que abra portas e tenda pontes para ter un dialogo que non fale de independencia. Non se trata de quitar da cadea a uns poucos dirixentes, se non de congratularse con millóns de cataláns que ven a España como unha sociedade que non os entende.

Craso erro cando se pretende que os  indultados pidan perdón de xeonllos.  Craso erro, renunciar a abrir canles pra entender unha España plural e moi diversa. Política e de altura  é o que se precisa. Propostas  de achegamento e comprensión entre uns e outros. Buscar o que nos pode levar a rebaixar tensións.  A caso cando o xeneral golpista Armada ou Tejero non foron indultados  sen  pediren  perdón?  A dereita española  ten tiks que a levan a asemellarse á Inqusición de triste recordo. Pois, diante o tribunal do Santo oficio  había que confesar e pedir perdón pra logo ser queimado na fogueira.

A campaña iniciada polos populares e os demais que os secundan  anuncia un tempo no que se renuncia á facer política de Estado, e prefírese  que un tribunal prorrogado goberne no canto de quen ten que gobernar.  En fin, as dúas españas, ou o centralismo uniformador quere mandar á fogueira e  que cantemos todos unha rancia cantiga que a día de hoxe desafina. Os tempos mudan e hoxe é tempo de buscar acordos. Mais hai que soamente  busca chegar o pode a costa do que sexa. De pena.


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Culturetas de ….

Arroutadas