O Carballiño mantén oito contaxios, O Irixo baixa a tres, igual ca Cea

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 15 contaxios. O Concello do Carballiño mantén a mesma cifra ca onte, os 8 contaxiados. Este concello recupera a tendencia á baixa.

O Irixo baixa un caso activo pasando dos 4 ós 3 contaxiados e San Cristovo de Cea mantén tres persoas contaxiadas. O concello de Beariz, libre de covid, suma hoxe un contaxio.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os demais concellos, Boborás, Punxín, Piñor, Maside e San Amaro están libres de covid.