O comité clínico eleva a nivel medio as restricións no concello de Cenlle

Publicidade ASPADISI

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, acordou, trala reunión de onte, establecer as medidas do nivel medio de obrigado cumprimento no concello de Cenlle. Isto supón unha redución do aforo da hostalaría ó 30% en interior e ó 50% en exterior. Este municipio rexistra a día de hoxe tres contaxios activos.

No resto dos concellos da nosa contorna estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 5 de xuño.

HIPER MASIDE