O concello de Ribadavia anuncia un novo programa de conciliación para o verán.

Ribadavia favorecerá a conciliación con «Avia Verán». O programa educativo e lúdico desenvolverase nos meses de xullo e agosto.

– O Prazo de inscrición abrirase o xoves 3 de xuño e estará aberto ata o vindeiro día 14 de xuño.

– Prezo: será de 25 euros por un mes, para empadroados. Sendo de 15 euros a opción da quincenal, tamén para empadroados. Establecéndose un desconto do 25% por irmán.

AVANTAR ACTIVIDADES

Empadroadas/osNon empadroadas/os
Quincena15€30€
Mes25€60€
Familias numerosasFamilias monoparentaisNeno/a con discapacidadePor segundo ou máis irmáns
(desconto do 25%)

19€/mes11€/quincena

O Concello de Ribadavia porá en marcha no verán durante os meses de xullo e agosto o programa de conciliación, educativo e lúdico “Avia Verán”. O obxectivo é facilitar a conciliación da vida familiar e laboral dos veciños e veciñas de Ribadavia durante o verán cando o curso escolar remata.

O programa pretende axudar que os pais e nais poidan conciliar a súa vida laboral coincidindo co final das aulas, ao mesmo tempo que se programan actividades lúdicas e educativas para os nenos e nenas.

O programa Avia Verán vai destinado á nenos e nenas de 3 a 14 anos.

O horario será de luns a venres en horario de mañá no mes de xullo e agosto. Este ano ampliarase o horario unha hora máis, que será de 9h a 14horas.

Lugar e prazo de inscrición: abrirase o xoves 3 de xuño e estará aberto ata o vindeiro día 14 de xuño. As solicitudes presentaranse no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ribadavia.