O Depor Campus Cabreiroá volta a Maside entre o 28 de xuño e o 2 de xullo

Esta mañá presentouse o Depor Campus Cabreiroá, en colaboración ca Escola Deportiva Terras de Maside. A actividade terá lugar entre os días 28 de xuño e 2 de xullo, durante toda unha semana. Este campus repite en Maside tralo éxito das edicións pasadas, nas que conseguiron reunir a máis de 40 rapaces.

O coordinador do Depor Campus, Pablo Barros, explicou como se pode facer o proceso de inscrición para as familias interesadas, os descontos e o material que se lles ofrecerá ós rapaces.

AVANTAR ACTIVIDADES

O alcalde de Maside ratificou o compromiso deste concello co deporte e deu a noraboa pola organización des campus en pasadas edición, desexando que sexa de novo un éxito.

Ademais, aproveitaron a presentación para anunciar que xa está aberto o prazo de inscrición para a Escola Deportiva Terras de Maside, que actualmente conta con más de 60 rapaces.