Teatro e música a cargo do Conservatorio centran a actividade da fin de semana

O día 5 de xuño ás 20:00 h na Praza da Veracruz terá lugar a actuación da compañía teatral Chévere ca súa obra As fillas bravas e o mito de Casandra. Esta produción está dentro da programación da Rede Galega de Teatro e Auditorios e na súa creación colaborou o Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental-SEPA, do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da USC.

O domingo, 6 de xuño, continuará a actividade cultural da mán do Conservatorio e da Escola de Música Municipal do Carballiño, que realizará o Concerto de Fin de Curso ás 13h no anfiteatro da Veracruz. A xornada comezará cunha actuación ao remate da misa das 11:15h no Templo da veracruz, a cargo dun alumno de canto. Despois, ás 13 horas comezará o concerto do alumnado e profesorado do CMUS e ESMU, no que o público poderá desfrutar das diferentes especialidades instrumentáis. Dende a Concellería de Educación animan á veciñanza a asistir á actividade e tamén a matricularse nas diferentes disciplinas que se imparten no centro municipal.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os dous espectáculos contarán cun aforo limitado e será de obrigado cumprimento a normativa en materia de seguridade e hixiene do Covid.