A Xunta e Carballeda de Avia porán en valor o entorno de Pena Corneira

A Xunta de Galicia trasladou a súa colaboración ao Concello de Carballeda de Avia para poñer en valor a contorna do monumento natural de Pena Corneira, de modo que se consolide a súa conservación e se converta nunha referencia medioambiental no municipio.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, que mantivo unha reunión durante esta Semana do Medio Ambiente co alcalde, Luis Milia, aplaudiu a decisión de restaurar a canteira situada nesa zona e crear un amplo espazo natural entre Pena Corneira e Monte Faro, onde se contabilizan unhas 1.100 hectáreas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Nesta liña, Ángeles Vázquez e o rexedor coincidiron en que a pandemia da covid-19 puxo de manifesto a necesidade de dispoñer zonas polas que poder pasear e evadirse, evitando as grandes aglomeracións.

Recuperación de vivendas

Outro dos puntos abordados na reunión, na que estivo presente o director do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García Porto, foi o estado de tramitación das solicitudes presentadas en 2021 polo Concello ao programa de infravivenda rural.

A conselleira trasladoulle ao alcalde que o Instituto Galego de Vivenda e Solo está a revisar a documentación, co obxecto de aclarar todos os datos relativos a esta petición, co fin de que no municipio se poidan rehabilitar dous inmobles e facilitar así vivendas en alugueiro aos seus veciños.