Tanto o presidente do Clube como o adestrador do primeiro equipo mostraron gran satisfacción e felicidade por dar continuidade a este novo proxecto deportivo que nesta temporada alcanzou o posto de campións da 3ª División Nacional do Grupo 1 por primeira vez na historia do Clube.
Fran Justo, o adestrador, está ilusionado e confía en que o proxecto desta temporada seguirá dando alegrías á afección do Espiñedo, por iso renova para a tempada 2021-2022.
Con esta renovación agora confirmada e a espera da configuración definitiva do grupo da 2° RFEF, a directiva do club traballa para planificar unha nova temporada.