Espazo Común pide información sobre a privatización do servizo de xardinería

Despois da denuncia feita a pasada semana polo Grupo Municipal de Espazo Común no Carballiño sobre a privatización que aseguran que fixo o goberno local para entregarlle a empresas privadas a xestión do servizo de xardinería.

Dende Espazo Común, critican o que chaman falla total de ética e transparencia, e afirman que teñen moitas dúbidas sobre a legalidade dos métodos empregados para este procedemento. Por iso, presentaron unha solicitude demandando dos servizos técnicos municipais unha serie de informacións que agardan sexan remitidas con celeridade.

AVANTAR ACTIVIDADES

Niste caso, preguntan polos procedementos chamados “Mantemento de parques e xardíns” e  “Mantemento de conservación e mantemento integral de zonas verdes e outras zonas públicas municipais do Concello do Carballiño”.

Por último, preguntan tamén pola situación na que van quedar os catro traballadores que están actualmente adscritos a este servizo e que, vistos os pregos de contratación, asegura a formación que quedan sen función algunha.

Dende a formación aseguran que “o desprezo a estes que non foron informados en ningún momento das intencións do goberno e aos intregrantes das lista de contratación temporais desta área, é unha mostra máis do caciquil que se está a voltar o grupo de xente que ocupa o consistorio carballiñés”.