O pleno aproba facilitar o pago a deudores con ata 40 prazos e cuotas inferiores a 100 euros

A formación de Espazo Común levaba a pleno unha petición para modificar as condición do pago de débedas da cidadanía co concello. Afirman que esta petición débese a que, cas condicións actuais, hai veciños que aínda que queira, non poden facer fronte ós pagos. Deste xeito, o equipo de goberno acordou poñer un máximo legal de 40 prazos e nunca superando os 100 euros de contía mensual.

Asegura o grupo que a día de hoxe hai preto de cinco millóns de euros sen cobrar, a gran maioría dos últimos catro anos. Ademais, sinalou o voceiro, Adolfo Nogueira, que este tema é preocupante, xa que repercute no incremento de impostos e noutro de tipo de ferramentas de recadación municipal.

AVANTAR ACTIVIDADES