Os dous Plans de Rescate da Xunta deixan un millón de euros en axudas no sector empresarial do Carballiño

A Xunta de Galicia fixo públicos os resultados dos beneficiarios do Primeiro Plan de Rescate destinado a paliar, na medida do posible, os efectos da covid no sector da hostalaría e pequenas e medianas empresas. Nesa primeira liña de axudas, a Xunta destinou máis de 38 millóns de euros.

A comarca do Carballiño recibiu máis de 630.000 euros, co principal beneficiario, influíndo o número de empresas, a capital da comarca, que recibe 508.000 euros. O concellos ca cifra máis alta de axudas que lle seguen son Maside, con 44.900 euros; Boborás, con 34.250 euros; San Cristovo de Cea, con 23.300 euros, e Piñor, con 9.200 euros. Os demais concellos, Beariz, O Irixo (3.075 euros), Punxín (2.625 euros) e San Amaro (1.200 euros), recibiron contías de menos de 5.500 euros.

AVANTAR ACTIVIDADES

O segundo Plan de Rescate, xa en fase de distribución, deixa no Carballiño preto de 500.000 euros, sumando entre as dúas convocatorias 991.225 euros en axudas.