O PSOE do Irixo lamente que o alcalde non presentara a parcelaria na reunión con Feijóo

O Voceiro do Grupo Municipal Socialista do Concello do Irixo, Iago Fariñas Valiña, ven de lamentar que tan só dúas semanas despois de celebrar un pleno extraordinario solicitado polo Grupo Socialista e aprobar por unanimidade a moción dos socialistas para requirir á Xunta de Galicia a aprobación da concentración parcelaria de San Cosme no Irixo,  e o seu proxecto estrela sexan casas modulares para O Irixo e non reclame nin diga nada da concentración parcelaria que fai apenas 15 días se comprometeu en pleno a defender e pedir para o Irixo.

Lamentan os socialistas esta forma de enganar a veciñanza de San Cosme, asegurando que un día di apoialos e cando chega a hora da verdade e se reúne co máximo responsable da Xunta que ten que decretar a concentración parcelaria, esa non sexa unha das súas peticións.

AVANTAR ACTIVIDADES

A formación asegura que o concello recuperara proxectos e actuacións xa de mandatos anteriores ou propostas levadas a pleno no anterior mandato polos socialistas con mais de 100 mocións presentadas o pleno, que ten copiado ou votado en contra para pasado un tempo acometer como iniciativas propias.

Lamentan os socialistas a falsidade na forma de ser e de actuar do alcalde e a súa acción de goberno se base en fotos e propaganda sen atender a proxectos que repercutan decidida e positivamente na vida da veciñanza do Irixo.