Baltar destaca ao centro de estudos Chamoso Lamas como unha entidade “na vangarda cultural”

Reunión Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) con Xosé Luis Sobrado Pérez (Presidente do Centro de Estudos Chamolo Lamas).

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse hoxe no Pazo Provincial co presidente do centro de estudos “Chamoso Lamas”, José Luis Sobrado, con que analizou o momento actual “desta importante entidade cultural non só da bisbarra do Carballiño senón tamén no ámbito da provincia de Ourense, con case trinta anos de existencia”. O presidente do goberno provincial salientou a importancia desta entidade cultural “polas súas publicacións e o seu carácter investigador, e sobre todo, por esa vocación de atender a cuestións históricas patrimoniais e culturais, que contribúen a fortalecer a nosa identidade”. Baltar confirmou “a máxima cooperación” por parte da Deputación de Ourense co “Chamoso Lamas”, e avanzou a sinatura dun convenio de colaboración en materia económica “para que este centro de estudos siga a desenvolver a súa planificación e divulgación de proxectos de investigación sobre o noso patrimonio, e para que siga na vangarda cultural desde unha comarca como a do O Carballiño, que ten moito do que presumir”, agradecendo ademais o traballo de José Luis Sobrado e animando ao centro de estudos a seguir levando a cabo o seu importante labor.