O profesor José Manuel Bouzo e os alumnos do IES nº 1 do Carballiño foron os promotores dunha campaña de concienciación co obxectivo de reducir os residuos e plásticos dos sumidoiros, e evitar así que cheguen ó mar. Baixo o nome “O Arenteiro empeza aquí”, distribuirán uns paneis informativos ó longo da vila. A iniciativa foi presentada esta mañá no salón de plenos, ca presenza de todos os axentes implicados.
O concello quixo formar parte desta iniciativa, colocando unha placa no concello co lema desta campaña e facelo por numerosos espazos máis.
Tamén implicaron a outros centros educativos, para facer chegar o proxecto a máis xente, entre eles o IES Manuel Chamoso Lamas, Vila do Arenteiro, Calvo Sotelo, Terras de Maside e Sagrado Corazón.
VIDEO