Aprázase a gala de maxia, circo e humor, “A parodia do ano”, prevista para este sábado ás 20,00 h no anfiteatro da Veracruz, a causa da previsión de fortes treboadas para a tarde de mañá.
O espectáculo creado por Especialistas Hípica Celta, promovido polo concellería de Cultura do concello do Carballiño dentro da Rede de Auditorios de Ourense, e que se ía a estrenar nesta convocatoria, celebrarase en próximas datas, que se anunciarán a próxima semana.