Marcos Rodríguez, do Club Ciclista Carballiño, participa nas xornadas de BTT infantil de Meaño

Preto de 40 ciclistas de Estrada e de XC en idade Infantil conviviron este sábado no Hotel Ría Mar, en Meaño, na xornada de tecnificación organizada pola Federación Ciclismo Galego (FCG). Entre eles foi convocado Marcos Rodríguez, do Club Ciclista Carballiño. Esta actividade serviu de preselección para os Campionatos de España Escolares que se celebrarán en Madrid a mediados do vindeiro mes. Contaron ca participación de ciclistas de renome, que os guiaron na formación.