Ourense Vinis Terrae conclúe convertido en ferramenta de internacionalización para 69 adegas galegas

O salón conclúe con 687 citas de negocio para internacionalizar o viño e os licores de Galicia

Acivro Mencía 2019 na categoría de viño tinto, A Troita 2020 en viño branco, gañadores da II Cata Extraordinaria Ourense Vinis Terrae á que foron presentadas 120 referencias

AVANTAR ACTIVIDADES

Ourense Vinis Terrae pecha esta tarde as portas da súa 9ª edición convertido nunha ferramenta de internacionalización ao servizo das adegas de Galicia. Durante estes dous días de feira, as 69 adegas expositoras mantiveron un total de 687 citas de negocio programadas nas axendas (presenciais ou virtuais) ás que hai que sumar as que xurdiron con algunhas das 770 visitas de profesionais que se achegaron ata Expourense de forma presencial, xa que ademais da misión de importadores, participaron na feira profesionais da restauración, hostalería ou distribución do sector do mercado nacional

Un ano máis, aínda que readaptado ao novo formato híbrido que contemplaba como novidade citas en liña, confírmase o éxito do formato desta feira que vira ao redor de encontros cara a cara ao redor dunha mesa á que sentan o adegueiro que produce viños de calidade e o potencial comprador nacional ou internacional que mostra preferencia polas variedades autóctonas, que valora a forma de producir viños das adegas de carácter familiar e que sabe o que busca e o que necesita para o mercado no que traballa. En total, esta edición reuniu a compradores e importadores procedentes de 25 países.

As citas entre expositores e potenciais compradores foron como sempre o eixo central desta feira na que tamén se celebrou un completo programa de actividades entre os que destacaron as catas comentadas dos viños e licores gañadores dos Acios de Ouro ou Potes de Ouro das Catas Oficiais de Galicia 2020 organizadas pola Axencia Galega de Calidade Alimentaria- AGACAL.

Estas segunda xornadas do salón foi tamén o momento elixido pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia – EVEGA, para presentar o seu novo monográfico sobre a “Mencía”, a uva reina das tintas en Galicia, xa que é a máis cultivada (coa maior parte da produción repartida entre as provincia de Ourense e de Lugo), e que está chamada a ser a nova gran uva tinta de España nun mercado internacional que xa coñece o Tempranillo e que busca outras variedades tintas distintas vinculadas ao terruño, como é o caso da Mencía.

Premios 2ª Cata Extraordinaria Ourense Vinis Terrae

Durante o acto de clausura foron entregados os premios da 2ª edición da Cata Extraordinaria Ourense Vinis Terrae á que as 69 adegas expositoras presentaron 120 referencias. A cata estivo dirixida pola recoñecida catadora galega Mercedes González e que contou cun panel de 12 expertos entre os que se atopaba o presidente da Federación Española de Asociacións de Enólogoes/Enólogos, Luís Voitirón, e representantes da Asociación Galega de Enólogoes/Enólogos, das asociacións de catadoras de Galicia Gallaecia e Agasu e da Asociación Galega de Catadores, así como outros expertos de fóra de Galicia.

OTRAS AÑADAS BLANCOS:

Premiado: Finca Garabelos 2018 – Bodega Notas Frutales de Albariño – D.O. Rías Baixas

OTRAS AÑADAS TINTOS:

Premiado: Veiga do Bacelo Mencía Barrica 2016 – Bodegas Santa María de Nogueira – D.O. Ribeira Sacra

VIÑOS TINTOS:

1º premio: Acivro Mencía 2019 – Adegas Salvadur – D.O. Ribeira Sacra

2º premio: Prómine Singular 2020 – Bodegas Petrón – D.O. Ribeira Sacra

3º premio: Prómine 2020 – Bodegas Petrón– D.O. Ribeira Sacra

VINOS BLANCOS:

1º premio – La Trucha 2020 – Notas Frutales de Albariño – D.O. Rías Baixas

2º premio- Eduardo Bravo 2020 – Pazo Lalón – D.O. Ribeiro

3º premio- Agoreira– Bodegas Terrae Monterrei – D.O. Valdeorras

Estes premios foron entregados durante o acto oficial de clausura que contou coa participación do delegado territorial da Xunta de Galicia, en Ourense; da xerente do INORDE, Emma González; da presidenta da Confederación Empresarial de Ourense, Marisol Novoa e do director xerente de Expourense, Rogelio Martínez. Este último destacou durante a súa intervención que “os datos de participación desta novena edición supuxeron un novo éxito para as adegas expositoras e, en xeral, para todo o sector vitivinícola de Galicia. O viño galego destaca pola súa orixe autóctona, con varietales que non existen practicamente en ningunha outra parte do mundo. É un viño único e este salón é sen dúbida o mellor lugar para coñecelo, xa que esta é a única feira internacional e profesional dos viños e licores galegos de calidade, en exclusiva”.

Durante a súa intervención, o delegado da Xunta de Galicia, Gabriel Alén, encomiou a calidade dos viños de Galicia indicando que é “equiparable á de calquera das zonas de produción de calidade do mundo, polo que debemos seguir incidindo na aposta da denominación polas variedades autóctonas galegas para elaborar viños de gran valor como unha forma de desenvolvemento sostible e de recuperación do medio rural”. Para Gabriel Alén, o viño en Galicia é un sector estratéxico que ademais do seu efecto tractor na economía do rural, contribúe a proxectar a mellor imaxe de Galicia no exterior e engade a importancia do enoturismo e o turismo gastronómico como elementos diferenciadores da oferta turística de Galicia e á súa desestacionalización.

Pola súa banda, a xerente do INORDE comentou as accións coas que esta entidade colaborou en Ourense Vinis Terrae e que están destinadas a promover a competitividade das adegas galegas. A última destas accións terá lugar mañá mércores coa celebración da Xornada Formativa sobre comercialización do viño a través de canles dixitais á que asistirán as adegas expositoras.

A actividade continúa unha vez pechada a feira coa visita desta tarde ao Museo do Viño de Galicia e a unha adega da D.O. Ribeiro e mañá cunha visita a lagares ruprestres e adegas da D.O. Monterrei.

Ourense Vinis Terrae 2021 contou co decidido apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Calidade Alimentaria ( AGACAL) adscrita á Consellería do Medio Rural e do INORDE.

Expourense retomará esta semana o seu papel de centro de vacinación masiva contra a COVID-19 e a seguinte cita prevista será o 2º Congreso Internacional sobre Auga e Saúde de Termatalia que terá lugar o 16 e o 17 de setembro.