Publicada no DOG a aprobación inicial do escudo heráldico e a bandeira do Concello do Carballiño.

Hoxe publicase no DOG:

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 21 de abril de 2021, aprobou inicialmente o expediente para a adopción do escudo heráldico e a bandeira do Concello do Carballiño. O dito expediente sométese a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia, na sede electrónica municipal e no taboleiro municipal de edictos, durante o cal os interesados poderán presentar as alegacións que coiden oportunas.

AVANTAR ACTIVIDADES

DOG Premer na Imaxe