José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), e o alcalde de Maside, José Manuel Iglesias, visitaron as actuacións de saneamento que están a piques de rematar neste concello, como resultado do convenio de colaboración asinado o 15 de maio de 2020 entre ambas administracións.
As obras consistiron na renovación dos colectores, tanto para augas residuais como para pluviais, en aproximadamente 300 metros da rúa Principal de Maside, para lograr a súa reorganización e evitar os problemas de inundación que se produciron durante os episodios de fortes precipitacións.
Ademais, provocados pola afectación e interferencia das devanditas actuacións, substituíronse as tubaxes de abastecemento e os tramos da estrada e vías afectadas no ámbito da obra, realizando unha renovación integral da devandita vía.
Estes traballos foron adxudicados por un importe de 359.416 euros á empresa Taboada y Ramos S.L. Cun prazo de execución que rematará o 19 de xullo.