Galicia segue descendendo casos activos e ocupación nos hospitais

A comunidade galega rexistra hoxe 65 contaxios novos, estancando as cifras con respecto a onte. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 1.346, unha cifra que descende en preto de 30 casos nesta xornada. Do total de pacientes positivos en Galicia, 15 (=) están en UCI, 47 (-5) en unidades de hospitalización.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada presenta un descenso. A provincia rexistra hoxe 6 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais baixan en 4 persoas con respecto a onte, ata os 145 casos activos. Nos hospitais hoxe a situación amosa tamén un estancamento. Contamos con 3 (=) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 1 (=) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES