O c. r.d.o. Ribeiro moi satisfeito tras participar no IX salón do viño e licores de calidade ‘ vinis terrae’

Un total de 15 adegas da D.O., con máis de 50 viños, estiveron presentes no recinto feiral, Expourense

O C. R.D.O. Ribeiro asistiu cunha caseta propia nesta novena edición do Salón do Viño e Licores Galegos de Calidade Vinisterrae, que tivo lugar os días 14 e 15 de xuño en Expourense (Ourense) en horario de 10.00 a 18.00 horas. Doutra banda, un total de 15 adegas da denominación de orixe presentáronse pola súa conta neste evento, onde mostraron máis de 50 viños, nos que se inclúen brancos, tintos e tostados ao grupo de profesionais do sector que visitaron a feira.

AVANTAR ACTIVIDADES

Como actividade complementaria ao salón, un grupo formado por 20 persoas, nos que se atopaban importadores e distribuidores, fixeron un pequeno percorrido pola D.O. Ribeiro onte pola tarde como colofón do evento, visitando o Museo do Viño de Galicia, seguido da visita á adega Ramón do Casar, en Castrelo de Miño con posterior degustación dos seus viños harmonizados con produtos galegos de calidade.


O presidente do C. R.D.O. Ribeiro, Juan Manuel Casares Gándara, sinala que “queremos mostrar non só a calidade dos nosos viños na D.O., senón tamén a riqueza paisaxística, patrimonial e das nosas xentes”.