O Carballiño conta con 15 casos en seguimento de violencia de xénero activos

O concello do Carballiño celebrou unha mesa de Coordinación para a mellora de atención ás vítimas de violencia de xénero do Concello do Carballiño. Ten como obxectivo mellorar a atención e conseguir a súa adaptación ás necesidades reais das mulleres vítimas de violencia de xénero.

A citada mesa está constituída por diferentes administracións tales como o Concello do Carballiño, Centro de Información ás Mulleres do Carballiño, Policía Local, Centro de Saúde, Centros Educativos Posto da Garda Civil do Carballiño, Xulgado, Subdelegación do Goberno de Ourense.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Carballiño conta actualmente con 15 casos activos de violencia de xénero en vixilancia. Ante o levantamento de restricións, as previsións son que a tendencia sexa á alza, polo que se
reforzarán as actuacións.