O Concello de Beariz entregou hoxe ó profesorado do CEIP de Beariz material didáctico-lúdico relacionado coa Campaña contra a violencia de xénero que será destinado a tódolos/a alumnos/as así como aos seus pais baixo o lema “Xunt@s somos máis fortes”.

O fin desta actividade consiste en incentivar e colaborar na educación en igualdade así como na prevención da violencia de xénero, dende tódolos ámbitos, especialmente o escolar e o familiar, e dende a etapa máis temperá dos nenos/as.
Dita actividade foi organizada polo Departamento de Servizos sociais do Concello e está financiada polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
VIDEO SPOT BEARIZ en BADAL TV
